MER

Reconfortar

Outubro 15th, 2007

dormir_juntos.jpg

Soñaba.
Sentíate ao meu carón,
durmido.

Durmía.
Abría os ollos e alí estabas,
soñabas.

Bicaba,
a túa suave pel, tendida,
espida.

Espida
estaba eu ao teu carón.
Durmida.

Caricias:
así me espertas cada día
a vida.

A vida.
O corazón fóra do corpo
me latía.

Latías
paixón profunda, tenra e
sentida.

Respiras
co teu soplar a pel
me acaricias.

Tranquila
Soñaba
Durmida (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carpe Diem

Outubro 8th, 2007

Ti que tes o corazón de augas tranquilas
rompe con serenidade ese tremer, ese xacer,
nos duros golpes que che dou a vida.

Ti que sabes o que foi sen rede caer
nese fondo ollo, nese triste escurecer,
empuxa ao teu corpo cara arriba

Ti que remexías as palabras co pracer,
deitando as verbas ao carón do teu lecer,
conxugando verbos faltos de harmonía.

Ti que non soñabas para non deter
soños verdadeiros que iban noutro tren,
nun vagón que non che pertencía.

Tí que non lembrabas a cor do pel do amencer,
fulgor transparente do que puido ser
noutra realidade, tras outra saída.

Séntate ao sol do mediodía e respira.
Pecha os teus sentidos só por unha vez.
Sente o que che pide o que de ti non ves.

Óllao neste espello de papel
que tirabas sempre por non veres nel
o que noutro viras algún día.

Se estamos aquí tan só por morrer
vivamos antes de rematar a partida. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Outubro 8th, 2007

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sin tí

Agosto 25th, 2007

Enternecida por la lógica
de un sinfín de palabras resueltas
gozaba libre y sin temores
mágicas noches de puertas abiertas.

Tal vez fue entonces, en esta selva,
en donde habita el silencio escondido,
con tus sabores, con tu esencia,
rehice el mundo que había perdido.

Usé madera de mis verdades,
usé tornillos hechos de frío,
mezclé tu risa con mi mirada:
obtuve hielo y se ha derretido.

Probé de nuevo, sin condiciones,
sumando mares, restando ríos;
por tus abrazos resbalan piedras
que se reflejan entre los míos.

Separé el cuerpo del alma eterna,
separé el hilo de los ovillos,
separé el llanto de la tristeza,
y separé el tiempo del olvido.

Vendrán olores a recordarme
que en mi interior no quedan sonidos.
Lo que se fue cuando tú te fuiste
eran mi sangre y mis latidos. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pranto

Agosto 25th, 2007

infancia-002.jpg

Quero que as bágoas percorran as miñas meixelas polo sol douradas

Aínda que se entretivesen un pequeno anaco nas miñas pestanas

Podo sentir como caen pasiño a pasiño ata ser ceibadas

Coma orballo de inverno, voando miudo enriba da xiada.

Este sentir mentireiro que solta esta auga salgada que engana

Habita enteiro o meu corpo, e temo. Faime ficar asustada. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xogando a romper

Agosto 25th, 2007

Marchaches do meu lado
e agora non podo escribir.
Co teu non falar nunca
co teu non ter que dicir
ceibabas en mín chorumas
xa non voltarán a xurdir.

Ficabas ao meu carón
mais eu non puden sentir
ese reflexo de vida
que construíras para mín.

Alborexo con tristura,
a noite faime sorrir,
onte voteite de menos,
quixera verte hoxe aquí.

Ás veces na nosa vida
poderíamos calar e asentir
pero non é esta a maneira
na que nós sabemos vivir.

Sempre xogando coas verbas:

¿ Falamos de mín ou de tí?
Falamos do que tí queiras
Empecemos, pois, a sentir.
E ¿ qué é o que queres que sinta?
Eu podo tocar o violín
Vámonos xa para casa
Hoxe non quero durmir
Teño medo de que queiras
E eu teño medo de tí. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fin do principio

Agosto 25th, 2007

Ata as borras do café vaciou.
Sí, vaciou.

Xunto coa roupa dos domingos,
nada deixou.

O traxe novo do vello avó
tamén levou.

Cos sorrisos, coa ledicia,
ata coas verbas me rapiñou;
aínda que só as verbas doces,
as amargas aquí tirou,
ao meu carón.

Antes de chegar á porta,
polo aire, unha mirada arrebolou,
e o meu corazón en anacos
no cuarto do amor deitou.

Era tanto o seu desexo
de romper sen ton nen son
que, de camiño, unha fermosa pomba
da gaiola de ouro liberou.

Foi temida esta contenda
pero xa foi.
Acabou. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vida en rosa e negro

Xullo 5th, 2007

malos_tratos4.jpg

Princesa, sí, era coma unha princesa.

Cando pechaba os seus párpados,
falando amodo, sen presa.

Sorría, nunha nube rosa vivía.

No seu floreado universo
só a ledicia existía.
Nunca chovía.

Vencida, sentíuse así aquel día.

O primeiro golpe que recibía
non foi un golpe de sorte,
foi un golpe de morte,
o que sentiu mentres el lle batía.

Sen vida, quedou o reino sen ela,
quedou o pai sen a filla.

¿Por que os contos de sempre
non teñen aquí cabida?

¿Por que os finais felices
non caben na nosa vida? (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Caixa de Pandora

Xullo 5th, 2007

Pandora foi a primeira muller.575884968_441440b4751.jpg

Tenra, doce e menudiña,
Mirar para ela era un pracer
Aínda que fose esa rapaciña
Que por venganza naceu.

Estaban nunha gran caixa
Os mals do mundo gardados,
A morte, os pesadelos,
A ira e ata os enganos.

Pandora abriu esa caixa
Tan só por curiosidade
E viu como polo mundo
Extendíanse estes males.

Quedou somente encerrada
a enganosa esperanza
por iso cando me deito
aínda a sinto na alma.

Perder non se perde nada.
Perder nunca nos perdemos.
Gañamos unha experiencia,
gañamos moitos desexos.

Só temos que ter coidado
co que miramos cando ver non podemos,
co que escoitamos cando oír non sabemos,
co que vivimos cando o poder non temos:


de decidir o que queremos sentir,
de debuxar o que queremos escribir,
de pronunciar o que queremos calar,
de olvidar a quen só podemos amar.

Será o tempo o que borre as mentiras,
a vida sacará á luz a verdade,
será o tempo o que borre as feridas,
non importa, quedarei na miña soidade.

E así coma fixo Pandora
destaparei outra realidade. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter

MORREN TRADICIÓNS

Xullo 5th, 2007

bruja1gif.pngAcercábase o 24 de Xuño, por fin iba a ser San Xoan. Esa noite máxica na que as fadas, os duendes, trasnos e demáis seres místicos saen dos seus escondites e fanse visibles para os humáns por un curto prazo de tempo. Rememoramos esas máxicas noites da nosa infancia e fomos tras elas, nun inútil intento de recuperalas, ó pobo natal dos nosos proxenitores.

Encontrámonos cun lugar totalmente cambiado. O pobo xa non era tal pobo. Os altos edificios dábanlle máis ben un aspecto de pequena cidade. A antigua casona, propiedade dunha familia de alta alcurnia, fora sustituída por unha enorme edificación coas xanelas de espello e no seu baixo podíase ler “Bazar chino El Mandarín”. A nosa casa que antes lindaba cunha horta polo lado dereito e coa Finca do Marqués do esquerdo, encontrábase agora entre un gran almacén de mobles e a oficina central dunha franquicia de inmobiliarias de recoñecido nome.

Aquelo non era o que esperábamos atopar, non era o que desexábamos atopar, pero aquelo foi co que nos atopamos.

Onde antes crecía cada rosal cuidado con esmero polo noso veciño de enfrente, había agora una praza de aparcamento, pertencente ó moderno Parking que construíran os bisnetos do finado señor (coa tarificación por minutos incluída).

Buscamos polas prazas esa fogueira tan esperada.

Na Praza Central non está, haberá que ir a ver no Campo da Feira ou na explanada ó lado dos colexios. Tampouco estaba. Quedábanos aínda a posibilidade de que a fixeran no aparcamento do novo campo de fútbol ou no aparcamento da vella discoteca.

Nada.

Seguimos buscando e non encontramos ningunha gran fogueira, ningunha pequena cacharela.

Preguntamos nos bares. Ninguén sabía nada.

Marchamos para casa. Ceamos sen fogueira, sen sardiñas, sen queimada nen conxuro. Simplemente ceamos coma calquera noite sen maxia. Decidimos saír a tomar unhas copas polas vellas tascas ou polas novas cafeterías do pobo.

¡Por fin alguén coñecido!, despois de tantas caras e cousas novas e descoñecidas naquel o noso vello pobo, ¡por fin alguén “dos de sempre, dos de antes”!.

- Oe Xoan, ¿onde fixéchedes este ano a fogueira, que non a atopamos?

- Non fixemos. Xa non facemos. Moitos colegas marcharon á cidade a traballar e as novas xeracións non están niso. Ademáis, eu xa me cansei de andar por ahí a roubar portáis, quedei na casa xogando á Play co meu sobriño.

Entón, pedín un desexo. (by Mer)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Páxina seguinte » Olark Livehelp

Anthosia3c sponsored by Seven Jeans for all Mankind